Skip to content

Bond Dabondo: Presentación

A idea era simple: ver un filme de Bond cada dúas semanas de 2014 (aproveitando que había exactamente 24 nese momento) e publicar unha crónica analizando os mesmos puntos chave para cada unha. Porén, non cheguei a escrivir máis de catro ata aburrirme. Así que, ver, as vin todas, pero fixen un só artigo ao final sobre a experiencia.

As catro análises que cheguei a escribir foron:

As seccións desas crónicas son:

Intro: os filmes de Bond son ben coñecidos pola súa canción principal e maila secuencia de créditos inicial, que moitas veces xogan con técnicas de vangarda.

Argumento e temas: Non se pode falar dun filme sen analizar se os argumento ten senso algún. Inda máis, os filmes de Bond adoitan reflectir as preocupacións e novas que ocupan os xornais da época na que se filman.

Bond: Cada actor interpretou Bond dun xeito, e mesmo cada filme amosa a persoaxe dende una visión diferente.

Vilán: Máis memorábel que o protagonista mesmo é o vilán, cos seus motivos e argalladas.

Trebellos: E para esnaquizar ao vilán, sempre veñen ben uns aparellos tolos de alta tecnoloxía.

Social-progresómetro: Se por algo non se caracterizaron nunca os filmes de Bond é polo seu feminismo. Mais alén das *rapazas Bond*, falaremos tamén daquelas minorías ou culturas que se atopa Bond nas súas viaxes.

Podes interaxir con esta entrada de moitas formas: con pingbacks, con webmentions ou simplemente respondendo a través do Fediverso, por exemplo visitándela en Mastodon.

  1. pingback La evolución de los dinosaurios – xurxodiz·eu