Skip to content

Goldfinger (1964)

«Ti fía de min, que con este truco imos rachar no Luar»

Goldfinger é cando a saga de Bond comezou a, por dicilo técnicamente, petalo no portelo.

Intro

A ideia é a mesma que en Dende Rusia con Amor, imaxes proxectadas nos corpos de rapazas. A cousa é que agora ten un pouco máis de senso xa que as rapazas van cobertas de ouro, coma na esceia más lembrada da película. E no canto de proxectar os créditos, o que se proxecta sobre elas son esceias (un pouco spoiler de máis para o meu gusto). Por outra banda esta é a vez primeira que soa namentres o tema principal composto para o filme, canción que coma case todas as que seguirían nesta vía, converteuse nun éxito.

Argumento e temas

Eiquí debo falar dunha das diferenzas respecto do libro (xa que é o único deles que lin, voume facer o cultureta). No libro, o señor Auric Goldfinger, un tipo obsesionado co tráfico de ouro e a especulación, trama para roubar todo o ouro de Fort Knox. No filme, o plan é estoupar unha bomba radioactiva dentro de Fort Knox, para deixalo inservíbel e así aumentar o valor do ouro que xa ten. O tema principal do filme é por tanto o ouro e a acumulazón dos tesouros.

Bond

O máis destacábel que contar de Bond nesta película é que é a vez primeira que o meten nunha trampa excesivamente pensada, neste caso a táboa co láser para partir en dous que vedes na imaxe da cabeceira.

Vilán

A partires de este filme, os viláns comezas a ter máis protagonismo, e convértenese en tan icónicos coma o memso Bond. Goldfinger pode que sexa un dos máis característicos, ao ser pelirroxo, de marcado aspecto xermánico e ter una manía ben lembrada. Sen embargo, como discutiamos no apartado do argumento, coido que cambiar o seu plan de apañar todo o ouro de Fort Knox (mesmo se era ben tolo) por simplemente facelo inusábel, réstalle carácter á persoaxe. Auric quería ter todo o ouro do mundo, non simplemente ter a metade pero que valese o duplo. Porén, coido que non afecta moito.

E cómpre falar aquí tamén do Oddjob, quen todos os que teñan xogado ao videoxogo de Goldeneye han lembrar ben. O cabrón era tan baixiño que no xogo as balas lle pasaban por riba. Mágoa que aquilo que lle fixo memorábel no filme, a súa forza bruta e o seu chapeu cortacabezas, non puidesen figurar nel.

Trebellos

Outro dos primeiros deste filme é vermo-lo laboratorio do Q, coas súas divertidas esceias de fondo e os piques que se van facendo Bond e Q mentres lle explican os trebellos a empregar, incluíndo por suposto o Aston Martin cheo de foguetes e pinchos e fume e non, por exemplo, un portacopos, que lle tería sido más útil.

Social-progresómetro

Deixemos fóra a primeira: o sicario coreano non fala, rosma. Comunícase con gruñidos, con sons. Non ven a conto.

Pero a mellor de todas é unha esceia no palleiro que se a sacas de contexto, é unha fodida violación. Bond tenta bicar a unha, e ela non quere. Entón apáñaa e bícaa, e ela céibase, e el volta a collela e a tirarse enriba dela, e así a voltas durante un minuto. Puxéronlles efectos de son así divertidos de fondo mais a situación é claramente criminal.

E con todo e iso, é mellor que no libro, onde a moza era lesbiana e ao final da película Bond ‘cúraa’ grazas aos seus «coidados especiais de agarimo e tenrura» (sic).

Podes interaxir con esta entrada de moitas formas: con pingbacks, con webmentions ou simplemente respondendo a través do Fediverso, por exemplo visitándela en Mastodon.

  1. pingback Thunderball (1965) – xurxodiz·eu