Selección de candidatas para 2021

Fíxose una comprobación automática de todas as verbas contidas en GALITUÍTER 2021 (un corpus baseado nas contas galegas de Twitter que conteñen desde xornais até políticos e xente do común). Despois, as escolmadas foron revisadas a man por lingüistas, que elixiron as oito finalistas baseándose en criterios sociais e de relevancia.

Finalistas

senfogarismo (substantivo masculino) (de sen+fogar+ismo)
Circunstancia das persoas que moran no espazo público ou en institucións ou refuxios de acollida.
O problema do senfogarismo require unha solución política.

autocoidado (substantivo masculino) (de auto+coidado)
Acción que realiza unha persoa para mellorar o seu benestar e saúde.
Durante o confinamento domicilario moita xente priorizou os autocoidados.

vacinódromo (substantivo masculino) (de vacinar+-ódromo)
Lugar onde se realizan de forma constante vacinacións masivas.
As fileiras do vacinódromo daban a volta aos edificios.

augadeiro (substantivo masculino) (de augadeiro, persoa que levaba auga dun sitio a outro)
Constelación zodiacal situada entre Capricornio e Peixes, de nome latino Aquarius.
O horóscopo dicía que os augadeiro iamos ter boa sorte este mes.

debullar (verbo) (de debullar, sacar grans ou cascas dun froito)
Analizar, resolver ou tratar un asunto parte por parte.
No debate debulláronse as posíbeis solucións ao paro.

streamer (substantivo invariable) (do inglés streamer)
Persoa que realiza habitualmente emisións de vídeo en directo por internet.
Hai unha multitude de streamers en galego facendo bo material.

aeroxerador (substantivo masculino) (de aero+xerador)
Aparello que convirte o movemento do ar en enerxía.
Os aeroxeradores son parte fundamental das enerxías renovábeis.

eólico (substantivo masculino) (do adxectivo eólico)
Instalación industrial con tres pas de gran tamaño que convirte a forza do vento en enerxía eléctrica.
No alto do monte chantaron tres eólicos.

negacionista (substantivo invariable) (de negación+ista)
Persoa que nega un feito amplamente aceptado como verdade.
Os negacionistas da vacina do COVID-19 son un problema de saúde pública.

mimir (verbo) (de durmir repetindo a segunda sílaba)
[afectuoso] Durmir.
Gústame mimir de cunchinha contigo.

NFT (substantivo masculino) (do inglés NFT [Non-Fungible Token])
Representación única e non reemplazable almacenada nun rexistro contable dixital.
Venderon un NFT por tres millóns de euros para lavar diñeiro.

Votos finais

Os resultados finais da votación foron os seguintes:

Votos finais

A gañadora, xa que logo, foi mimir cun 29,4% dos votos, seguida logo por autocoidado (17,6%), vacinódromo (16,5%), debullar (14,1%), augadeiro (9,4%), negacionista (7,1%), streamer (2,4%) eólico (2,4%), NFT (1,2%) e finalmente senfogarismo (0,0%) e aeroxerador (0,0%).