Selección de candidatas para 2018

Fíxose una comprobación automática de todas as verbas contidas en GALITUÍTER 2018 (un corpus baseado nas contas galegas de Twitter que conteñen desde xornais até políticos e xente do común). Despois, as escolmadas foron revisadas a man por lingüistas, que elixiron as dez finalistas baseándose en criterios sociais e de relevancia.

Finalistas

fodechinchos (substantivo) (de foder+chinchos, pola suba de prezos deste peixe ante a demanda)
Turista, xeralmente procedente do interior da península Ibérica, que acode ás costas galegas en tempada estival.
Cando chega o verán as praias énchense de fodechinchos.

binormativismo (substantivo masculino) (de bi+normativa+ismo)
Convivencia social de dúas normas para unha mesma lingua.
Un dos casos máis coñecidos de binormativismo europeu é o do noruegués.

necrónimo (substantivo masculino) (de necro+ónimo)
Nome anteriormente asociado a unha persona co que aquela xa non se identifica.
A Sandra rénxelle cando lle chaman polo necrónimo.

riquiño, riquiña, (adxectivo) (de rico+iño)
[Persoa] doce, amábel, afectuosa..
Nótase que o mozo de Paula quérelle ben, é máis riquiño…!.

webserie (substantivo feminino) (de web+serie)
Serie audiovisual emitida principalmente por internet.
Esta actriz deuse a coñecer participando en varias webseries..

feminicidio (substantivo masculino) (de femina+icidio))
Morte violenta dada a unha ou máis mulleres.
Falaron dun novo caso de feminicidio no telexornal.

xeoparque (substantivo masculino) (de xeo+parque)
Zona natural de subliñada importancia no patriminio xeolóxico.
Aprobáronse medidas para a protección do xeoparque da costa.

pirolo (substantivo masculino) (de pirola)

  1. Pirola 2. Home, especialmente se ten calidades tradicionalmentes asociadas ao seu xénero.
    Aquel consello de administración estaba cheo de pirolos.

Votos finais

Os resultados finais da votación foron os seguintes:

Votos finais

A gañadora, xa que logo, foi binormativismo cun 45,2% dos votos, seguida logo por fodechinchos (26,9%), feminicidio (12,3%), riquiño/riquiña (7,8%), pirolo (4,1%), necrónimo (3,2%), webserie (0,5%) finalmente xeoparque, que non recibiu ningún voto (0,0%).