Selección de candidatas para 2020

Este ano foi moi particular, polo que se decidiu axiña preseleccionar apenas aquelas palabras relativas á pandemia do COVID-19. Entre elas, a abundancia de candidatas esixiu un primeiro cribado que —con todo— deixou o número máis grande de finalistas ata a altura. Como sempre, as fontes foron o corpus GALITUÍTER 2020 e o filtrado final foi feito a man por lingüistas sob criterios sociais e de relevancia.

Finalistas

covidia (substantivo feminino) (de COVID+ia)
Nome coloquial para a enfermidade designada COVID-19.
Seica o seu fillo apañou a covidia e mandáronno para casa.

presencialidade (substantivo feminino) (de presencial+idade)
Feito de estar presente físicamente nun sitio á hora de realizar unha actividade.
Aumentaron as protestas pola esixencia da presencialidade nos traballos non esenciais.

teletraballo (substantivo masculino) (de tele+traballo)
Traballo realizado telemáticamente desde fóra do seu lugar habitual, especialmente cando se fai desde a casa propia.
Moitas empresas optaron por facilitar o teletraballo até finais de ano.

coronavirus (substantivo masculino) (do seu nome científico, dado pola forma)
Tipo de virus de forma semellante a unha coroa que causa doenzas respiratorias.
Os cientificos levan a estudar os coronavirus desde hai moito tempo..

asintomático, a (adxectivo) (de a+sintomático)
Que non presenta síntomas.
O maior perigo desta pandemia son os contaxios producidos por persoas asintomáticas.

toque de recoller (substantivo masculino) (de toque e recoller)
Normativa coa que se esixe á poboación retornar ás súas casas a unha hora determinada por razóns de orde pública.
Dependendo da cidade, o toque de recoller comeza a unha hora ou outra.

confinamento (substantivo masculino) (de confinar+mento)
Restrición dos movementos de entrada e saída dun lugar.
Nalgúns concellos implementouse un confinamento domiciliario.

desescalada (substantivo feminino) (de des+escalada)
Retirada progresiva de medidas e actos tomados cun certo obxectivo que xa non se considera necesario ou desexable.
O goberno comezará coa desescalada do confinamento a vindeira semana.

surto (substantivo masculino) (do surxir)
Aparición súbita de casos focalizados nunha epidemia.
A causa do surto foi unha reunión familiar sen máscara.

sociosanitario, a (adxectivo) (de socio+sanitario, a)
Relativo ao ámbito sanitario e de servizos sociais.
Superarmos a pandemia sen mortes require de investimentos máis grandes no ámbito sociosanitario.

convivente (substantivo) (de convivir+ente)
Persoa que habita canda outra.
Recoméndase limitar as interaccións a aquelas acontecidas entre conviventes.

Votos finais

Os resultados finais da votación foron os seguintes:

Votos finais

A gañadora, xa que logo, foi surto cun 38,5% dos votos, seguida logo por toque de recoller (18,9%), teletraballo (11,5%), covidia (10,1%), confinamento (6,8%), coronavirus (5,4%), convivente (4,1%) presencialidade (2,0%), asintomático, a (1,4%) e finalmente desescalada (0,0%) e sociosanitario, a (0,0%).