Con X-Men ’97 sentía estar nunha dimensión paralela, porque ficaba indiferente ante cada capítulo, e logo a xente extasiábase con ela e eu viraba confuso como se me tivese enganado co mando da tele e puxera outra cousa. PORÉN.
[Jorge Diz Pico]
Con X-Men ’97 sentía estar nunha dimensión paralela, porque ficaba indiferente ante cada capítulo, e logo a xente extasiábase con ela e eu viraba confuso como se me tivese enganado co mando da tele e puxera outra cousa. PORÉN.
Non sabería por onde comezar a opinar do Breath: un xogo desta preeminencia merece unha reseña exhaustiva. Mais entón habería tanto do que falar! Así que contarei só o que merece ser contado.
Contei hai un tempo que Twitter rompía os permalinks partillados desde Android. Dera cunha solución temporal, pero que rompía as buscas no blogue; como daquela non había, dábame igual. Mais con 700+ entradas xa tocaba engadila, así que tiven que buscar outro arranxo.
Quitei do café, apenas tomo alcol, non fumo nin gosto das drogas. Mira ti por onde, son practicamente ‘straight edge’.
A miña palabra favorita é morcego e os meus adxectivos favoritos son os rematados en Z. Sendo así, xa estaban na mesa todas as pezas precisas para decatarme de cal tiña de ser a miña frase favorita.
O outro día caeu unha maratón da triloxía Unbreakable-Split-Glass de M. Night Shyamalan, polo que aquí vai un par de liñas sobre cada unha. Con spoilers, claro.
Chegou por fin! A moza regaloume polo Nadal a edición especial das cartas de Doutor Who correspondentes aos especiais de Nadal. Velaquí están.