Skip to content

Arestora

Traballo de enxeñeiro de software en remoto e vivo en Xixón.

Entre 2020 e 2024 fundei e fixen parte das Irmandades do Dado, pero xa non xogo apenas ao rol.

Si que lle dou bastante ás Magic agora que voltei encontrar amigos con quen.

Deixei o café e aficioneime ao chá (os que menos me gustan, os verdes e azuis).

Nos últimos anos estou escribindo algún contiño de cando en vez. Incluso algúns mos publican en Ediciones Radagast.

Veño de rematar a historia do Zelda Breath of the Wild por fin tras case cinco anos.

Estou deixando medrar o cabelo, xa está bastante longo.

Hai pouco voltei a clases de xaponés despois de case vinte anos.

[Última actualización: 28 de setembro de 2024]