Sabendo perfectamente que ía ser unha adaptación sen alma, puxen o primeiro capítulo do live action de Avatar. Foi aborrecido e sen espírito, claro.
Acabou, e notei que Netflix engadiu unha opción no menú para buscar por idioma. «Que ben!», pensei, e filtrei por aquilo que tiña dobraxe en galego.
Primeiro resultado: o live action de Avatar. E aquí estou, tragando o segundo.
Vós rides, pero así fixo Amazon que aturase tres episodios—que son catro horas e media—dese tixolo infernal que foron Os Aneis de Poder, só pola ilusión de escoitalo en galego. Non a vin rematar, e tampouco pasará con esta Avatar, pero xa conseguiron que vise máis do que vería doutro xeito.
@xurxo Queremos que as plataformas de streaming dobren ou legenden en galego!
*nalgún lugar unha man de mono máxica pecha un dedo*
@xurxo A min gustoume bastante Os Aneis De Poder a verdade. Non como obra de Tolkien, desde logo, pero chorei coa canción do camiño https://www.youtube.com/watch?v=vXH4jNCP0vY
@xurxo
Usaram a mesma técnica para que vira uma série espanhola em espanhol de Espanha dobrada ao galego que não veria doutra maneira 🤣 Também só vi dous ou tres capítulos 🤣🤣
@xurxodiz 'Los Farad' 🤣🤣
@xurxo