Skip to content

Sentidos

Os primeiros videoxogos estimulaban a vista e o ouvido: vías o que vía a personaxe e ouvías o que ela ouvía.

Despois, engadiron a vibración táctil: sentías os golpes que ela sentía. Sufrías os mesmos impactos.

Ao cabo deu por chegar o olfato: as mesmas rosas, céspede ou comida que percibía a personaxe, percibías ti. Agás algún momento de shock illado, usouse apenas para sensacións positivas.

O gusto non triunfou: era moi artificial, tiña pouca aplicación e resultaba unha porcallada. Ficou no ámbito dos xogos porno especializados.


Escrito orixinalmente para o Flash Fiction February, inspirado pola palabra semente Senses.