Skip to content

O poder da escuridade

Na fantasía é habitual falar do poder da luz. Raios cegadores, quemadores, raios de poder, desintegracións que saen en raios. O poder da luz é o poder da destrución. Correspondentemente, pero menos mencionado, o poder da escuridade é a da creación.

Imaxina isto. Entras nun cuarto onde a luz está acesa. E ves todo o que hai. Unha cadeira, unha mesa, un armario, roupa no chan. A foto xa está completa. Non hai lugar onde engadir.

Agora imaxina que entras no cuarto e a luz está apagada. Non ves nada do que hai. E que fai o teu cerebro? Comeza a crear. Enche o cuarto de cousas que poderían estar aí. No teu maxín, ese cuarto ten de todo. A roupa pode estar no chan ou na cama. O armario pode albergar os documentos clave da revolución. A cadeira está quebrada, deitada, soportando o peso do cú dun trasno revoltoso.

É certo que ás veces custa imaxinar cando está todo completamente escuro. A penumbra tamén ten certo poder: as siluetas debuxadas á luz da lúa convidan a darlles sentido completo. Que é iso curvado que se perfila no curruncho? É o flexo, é un tótem decorativo, é un elefante xogando ás agachadas? Aquilo a medio definir é o irresistible trampolín da nosa creatividade.

Pero, mesmo na penumbra, o poder vén da súa parte escura, da súa parte indefinida. A folla baleira é a que alberga todas as posibilidades.


Escrito orixinalmente para o Flash Fiction February, inspirado polas palabras semente Powers of darkness.