Skip to content

Lexenda

Tres puntiños en triángulo para as vilas onde existe aloxamento de peregrinos.

Nomes en púrpura para a sés dos bispos e outra curia.

Liña azul para as vías de auga navegábeis, liña marrón para os camiños.

Cadrado para presencia de gardas e outras forzas de paz. Canto máis grande, máis unidades.

Unha cruz nas fontes naturais de auga potábel.

Un circuliño nos campos onde moran animais salvaxes; dous —concéntricos— se poden presentar un perigo.

Espiral sinalando os curutos de máis altura.

Ningunha marca para onde teño que ir. Iso teño que decidilo eu.


Escrito orixinalmente para o Flash Fiction February, inspirado pola palabra semente Legend.