Skip to content

Credo

Creo na Forza todopoderosa, creadora do espazo e mailos planetas,

creo en Anakin, seu único fillo, noso señor,

que foi concibido por obra e graza dos midiclorianos,

naceu de Shmi Skywalker,

padeceu baixo o poder dos jedi, foi amputado, queimado e dado por morto,

descendeu á lava,

ao terceiro día resucitou cun novo traxe,

regresou aos ceos e está sentado á dereita de Darth Sidious todopoderoso,

dende alí ha de vir a xulgar a rebeldes e imperiais.

Creo no Imperio Galáctico, no poder do Senado encarnado, no reverso tenebroso, na potencia desta estación de combate, e na vida eterna.

Que a forza te acompañe.


Escrito orixinalmente para o Flash Fiction February, inspirado pola palabra semente Belief.

Podes interaxir con esta entrada de moitas formas: con pingbacks, con webmentions… ou simplemente respondendo a través do Fediverso, por exemplo visitándoa en Mastodon.