Skip to content

Concentración

Quedaban só vinte páxinas. Antes quedaran corenta, e antes diso, setenta. O vóo chegara máis cedo do que contaba e fora apurando as páxinas nos pequenos momentos mortos que atopaba. Contra unha fiestra, no bus que levaba á terminal. No taxi, tentando non prestar atención á conversa das súas amigas. No hotel, deixando a maleta nun curruncho e botándose axiña sobre a cama a rematar. Pero non foi rápida abondo e quedaban só vinte páxinas cando, entre empurróns, a sacaron da habitación para ir cear.

As súas amigas berraban contentas e sacaban selfis. Sempre falaron do ben que o pasaran aquela noite visitando Varsovia. Pero ela apenas lembraba dúas cousas: a ansiedade que sentiu durante catro horas… e a alegría que lle encheu o peito cando voltaron e puido ler, por fin, esas vinte páxinas.


Escrito orixinalmente para o Flash Fiction February, inspirado pola palabra semente Focus.