Unha pequena entrada sobre cans e tradución en Magic: the Gathering 🐕
Primeiro, un lembrete de que o xogo oficial é en inglés; as traducións á venda son válidas en canto “referencias” á versión orixinal, que é a versión mestra e canónica. Xa que logo, as mudanzas á versión orixinal son cousa seria; ás traducións, menos.
Até o de agora, todos os cans tiñan tipo sabuxo. Foi froito dunha decisión antiga porque “soaba máis a fantasía“.
Porén, isto supúxolles un freo porque ás veces querían cartas que tivesen cans que, claramente, non eran sabuxos, que son apenas un tipo de can.
Así que, a partir de agora, todos os cans serán cans. Mesmo os que antes eran sabuxos, que pasarán a ser cans.
Isto afecta ás traducións, que tamén falaban de sabuxos e pasarán a falar de cans. Abaixo, un exemplo do portugués, pero o mesmo pasa co alemán, francés ou italiano.
…agás o castelán, que sempre falou de cans e seguirá a facelo. Os que foron á miña ponencia de 2015 sobre tradución en Magic saberán que o castelán acostumaba ir por libre.
Agora ollemos para os gatos. Os gatos sempre foron gatos, non foron, non sei, siameses, angorás nin tigres.
E así falan deles en francés ou alemán…
Mais non en italiano, portugués ou castelán, onde sempre traduciron para felino.
E así é como chegamos á situación tráxica de termos este «Cão Felino» que noutro universo sería o primeiro GATOCÁN da historia de Magic.
Obrigado por virdes á miña TED Talk.
Publicado orixinalmente en Twitter.
Se che prestou este artigo talvez queiras ler outro semellante que fixen sobre A Revolta do Éter ou ver o PDF da miña palestra de unha hora sobre a tradución de Magic: the Gathering.
Podes interaxir con esta entrada de moitas formas: con pingbacks, con webmentions ou simplemente respondendo a través do Fediverso, por exemplo visitándela en Mastodon.