Skip to content

Cachái

Fala Calvo del Olmo en “Neologia das Línguas Românicas” (2015) de «cachái», segunda forma do plural de “cachar” que en chileno coloquial significa “comprender”. Di que vén do inglés “to catch” (coger, atrapar) con orixe no béisbol no acto de atrapar a pelota ao vóo. Iso tamén di a RAE.

"Resumen: En este trabajo se hace un análisis monográfico del término "cachái", 2ª persona del singular de verbo cachar que, según recoge el DRAE, en español chileno coloquial tiene el significado de "entender", "comprender". Este neologismo se originó como un híbrido a partir del verbo inglés to catch, "agarrar" o "coger", que en el mundo del béisbol tomó el sentido de agarrar la pelota al vuelo; al que se le añadió la desinencia típica del voseo chileno "-ái"."

Pois vaia casualidade, macho. Seica os chilenos fixeron o mesmo proceso derivativo que os galegos xa fixeran. Mais ben, coido eu, esa etimoloxía está mal e vén da emigración. O verbo «cachar» en galego xa significa todo iso: coller ou atrapar, e figuradamente entender. E é ben sabido a cantidad de emigración galega, desde hai case dos séculos, por toda Sudamérica. O artigo, ende mal, non fala desta posibilidade en absoluto.

Definición de cachar segundo a RAG.

De feito, parece ser que en Ecuador, ao menos, úsase tamén o verbo cachar como sinónimo de pillar (moitas veces no senso de entender: “no lo cacho, man”)”. En Venezuela, en Caracas ao menos, cachar ten exactamente os mesmos significados que lle atribúe a RAG á palabra. Así que non é un uso só chileno se non de toda Sudamérica, nin apenas se usa a segundo do plural con ese significado.

Xa indo cara atrás, no galego a min pégame que veña directamente do latín ‘captāre’ igual que o seu irmao ‘cazar’, pero Estraviz apunta ao francés ‘cacher’. Quizais porque na mesma entrada recolle un significado de agochar e cubrir que a DRAE non. Isto é consistente con outros dicionarios portugueses como o Dicionario Aberto.

Definición de cachar segundo o dicionario Estraviz.

Anecdotalmente, a súa tese orixinal desmóntou eu persoalmente porque a forma máis antiga que cita é do 1996, e eu lembro específicamente ouvir «non cacho» xa na dobraxe galega de Big (1988). Lémbroo moi ben porque a escena é graciosa e citámola moito na casa. Non sei o ano da dobraxe, mais o verbo tería de ter xa certo percorrido…


Sintetizado a partir de conversas en Twitter aquí e .

Podes interaxir con esta entrada de moitas formas: con pingbacks, con webmentions ou simplemente respondendo a través do Fediverso, por exemplo visitándela en Mastodon.