Skip to content

A casa do terror

—Veña, Hugo, vamos!

Hugo estaba paralizado diante da atracción. Levaba tremendo des que a panda lle dixera de vir todos pola noite á feira.

Os seus outros amigos xa cruzaran a porta da casa do terror, rindo con esa mezcla de medo e excitación. Pero el non podía mover un pé.

—Va, non sexas medricas! Vén!

Outros visitantes comezaron a adiantalo, empurrándoo cara un lado, e aí non tivo máis que reaccionar. Deu un paso, tragou, e colleu a man tendida de María. Unhas cóxegas suaves lle percorreron o corpo desde as dedas á caluga, o seu corazón comezou a later a mil por hora, sentiu as fazulas a se enrubeceren.

Ela mirou para el e sorriu, cuns ollos brillantes como dúas esmeraldas. Un calorciño estraño encheuno por dentro e os nervos todos se disiparon no ar.

El sorriu tamén. Pasado o momento que levaba anticipando horas, por fin puido reparar en onde era que ían entrar.

—Casa do terror, eh? Bah, cousas peores teño pasado que si que daban medo de verdade.

Apertaron as mans e entraron xuntos.


Escrito orixinalmente para o Flash Fiction February, inspirado polas palabras semente House of horror in old city.