O obxectivo desta páxina é recoller o nome da orde Chiroptera en moitas linguas distintas.
Por que? A idea veume cando me decatei de que moitas delas acodían a comparanzas con ratos. Tentando ver se sempre era así, descobrín outro bloque que falaba do seu aletexo, e outras da súa pel de coiro, e así. Polo que decidín recompilar todas as que ía encontrando.
É un proxecto, abofé, eternamente en curso e sen ánimo exhaustivo, mais espero que vos sexa tan interesante como a min!
Africáner: vlermuis
Vén do neerlandés vleermuis, «rato con ás». Daquela, «rato con ás».
Alemán: Fledermaus
Vén do antigo alto alemán Fledermüs, á vez de fledar (hoxe flattern) «aletexar» e máis Müs (hoxe Maus), «rato». Daquela, «rato aletexante».
Asturiano: esperteyu
Vén do latín vespertilio, «nocturno», este de vesper, «serán», polas horas nas que se adoitan ver. Daquela, «nocturno».
Azteca: quimichpapalotl
Vén de quimich, «rato», e máis paplotl, «bolboreta». Daquela, «rato bolboreta».
Bosnio: slijepi miš
Vén de slipeji, «cego» e máis miš, «rato». Daquela, «rato cego».
Castelán: murciélago, murceguillo
Vén dos latíns mur, dativo de mus («rato») e máis caeculos, diminutivo de caecus («cego»). A forma intermedia murciégalo sofriu metátese até a actual murciélago (e logo dando o diminutivo murceguillo. Daquela, «rato ceguiño».
Castelán: vespertilio
Vén do latín vespertilio, «nocturno», este de vesper, «serán», polas horas nas que se adoitan ver. Daquela, «nocturno».
Catalán: ratpenat, rata pennada, rata penàa, rata pinyada
Veñen todas elas de rat, «rata», e máis doutro termo derivado dende o latín pennata, «alada». Daquela, «rata con ás».
Catalán: muricec, musserec, burissec, esmuriac, esmoriac, muriac
Veñen dos latíns mur, dativo de mus («rato») e máis caecus, «cego» (a través dunha forma intermedia cec), que deu en muricec. Esta daría logo por unha banda burissec e musserec (a última por metátese) e por outra esmuriac, esmoriac e muriac. Daquela, «rato cego».
Catalán: esvoliac, voliac, volicec
Son variantes de esmoriac (esvoliac e voliac) e muricec (volicec) cruzadas coa raíz volar, «voar» (ver enriba). Daquela, «voador» e «voador cego».
Chinés: sein-shii
Vén de «rato» e máis «ceo». Daquela, «rato do ceo».
Éuscaro: saguzar
Vén de sagu, «rato», e máis zahar, «vello». Daquela, «rato vello».
Éuscaro: gau-enara
Vén de gau, «noite», e máis enara, «andoriña». Daquela, «andoriña da noite».
Estonio: nakhiir
Vén de «rato» e máis «coiro». Daquela, «rato de coiro».
Francés: chauve-souris
Vén de chauve, «calvo», e máis souris, «rato». Daquela, «rato calvo».
Galego-portugués: morcego
Vén dos latíns mur, dativo de mus («rato») e máis caecus, «cego». Daquela, «rato cego».
Inglés: airymouse, arymouse
Vén de air ou a súa variante ar, «ar» máis -y (formación de adxectivo) e máis mouse, «rato». Daquela, «rato do ar».
Inglés: bat
Vén do inglés medieval bakke, probabelmente do nórdico antigo leðrblaka, «aletexante de coiro» (o cambio do -k- a -t- puido vir por influxo do latín blatta «avelaíña»). Daquela, «aletexante».
Inglés: leatherwing
Vén de leather, «coiro», e máis wing, «á». Daquela, «á de coiro».
Inglés: rattle-mouse, flitter-mouse, flicker-mouse, flinder-mouse
Vén de diferentes verbas para «axitarse» (rattle, flitter, flicker, flinder) e máis mouse, «rato». Daquela, «rato que se axita».
Irlandés: amadáinín
Vén de «pequeno bufón». Daquela, «bufonciño».
Irlandés: bás dorcha
Vén de «morte» e «escura». Daquela, «morte escura».
Irlandés: eitleog
Vén de eitil, «voar». Daquela, «voador».
Irlandés: ialtóg
Vén dunha antiga forma íatlu, «morcego», de orixe incerta, e -og, diminutivo. Daquela, «morceguiño».
Irlandés: leadhbóg leathair
Vén de «farrapo» e «coiro». Daquela, «farrapo de coiro».
Irlandés: sciathán leathair
Vén de «á» e «coiro». Daquela, «á de coiro».
Italiano: pipistrello
Vén do latín vespertilio, «nocturno», este de vesper, «serán», polas horas nas que se adoitan ver, a través dunha variante vipistrello. Daquela, «nocturno».
Neerlandés: vleermuis
Vén dos neerlandeses antigos «alado» e máis «rato». Daquela, «rato alado».
Ruso: летучая мышь
Vén de «voador» e máis «rato». Daquela, «rato voador».