Skip to content

Super Mario Odyssey: sentimentos encontrados

Que pouco fun gostando do Super Mario Odyssey. Ten apenas unha mecánica curiosa, pero nada máis. Fáltalle todo o encanto do deseño do Galaxy. Gocei do primeiro par de niveis (mesmo gardo boa lembranza deles), mais logo axiña se lle foi o chiste e veu o tedio. E hai tantas lúas… en xeral, xogar acaba por sentirse como un traballo e non un entretemento.

Recoñezo que unha vez rematado penso se estarei sendo duro de máis… a ver, algún reino é moi guai. E o final reina moito. Pero coido que en xeral menos cantidade e máis calidade haberíalle sido mellor.

Vouno deixar en que teño sentimentos encontrados. Tamén moito esbardallara do Sunshine no seu día e agora é dos que lembro con máis agarimo (que ben feitiño está!).


Publicado orixinalmente en Twitter.

Podes interaxir con esta entrada de moitas formas: con pingbacks, con webmentions ou simplemente respondendo a través do Fediverso, por exemplo visitándela en Mastodon.