Skip to content

Quen me revolveu a mesa?

Hoxe cheguei a oficina e ollade como tiña a mesa! Caos! Que pasou aquí?

Foto de unha mesa de oficina feita unha desfeita.

As cousas todas deitadas e desaxeitadas, o cubo de Rubik desfeito…

Foto de unha mesa con unha caneca deitada, un marco de foto boca abaixo e un cubo de Rubik desordenado.

Mesmo a cadeira desmontada!

Foto de unha cadeira de oficina cun dos reposabrazos quitado.

Agarda aí, o que é iso…? Pegadas?

Foto de unha mesa de oficina con lambetadas deitadas por riba, os bonecos tombados, e pegadas como de ave pintadas na superficie.

De onde é que saen?

Foto de unha mesa de oficina onde unhas pegadas de ave levan ao borde e parece que hai algo medio oculto.

Vaites!

Foto de un sinal de tráfico feito en cartón onde se ve un ganso. O sinal está partido pola metade.

Polo menos deixou un agasalliño, o ganso do demo 🪿

Foto de unha camiseta apoiada sobre o respaldo de unha cadeira de oficina. A camiseta é azul e ten unha imaxe dun ganso rompendo un sinal de tráfico de "perigo: ganso". É unha imaxe promocional do xogo Untitled Goose Game.

E por isto é un pracer traballar canda Nacho ❤️


Publicado orixinalmente en Twitter.

Podes interaxir con esta entrada de moitas formas: con pingbacks, con webmentions… ou simplemente respondendo a través do Fediverso, por exemplo visitándoa en Mastodon.