Skip to content

Problemas co XMLRPC de WordPress

Quixen probar a instalar a app de WordPress para ver se era cómodo editar o blogue desde o móbil. Porén, non detectaba o sitio!

A app baséase no soporte de XMLRPC de WordPress. Fun comprobar a https://xmlrpc.blog/ que este era correcto mais non, dicía que:

-32700 parse error. not well formed

A solución era ben sinxela: tiña que instalar con apt o paquete php-xml, que se debeu perder durante a última actualización (ou se cadra nunca o tiven?). Feito e reiniciado nginx, todo correcto.