Achégome á fin do Metroid Dread e unha das cousas que mellor deseñadas ten son os inimigos xefe.
Sempre que entro nunha sala e sae un deles mátame enseguida e penso PERO ISTO É IMPOSIBLE ASDFGFKSJBDJ MOI BEN POIS NADA ATA AQUÍ CHEGUEI abrir wallapop véndese metroid dread pouco uso
E logo, aos poucos, vou xogando, vou aprendendo, vou zafando dos ataques e aprendendo as feblezas e milagrosamente… douno matado! Por moi difícil que parecía, ata o de agora sempre fun quen.
E por riba, é que son divertidísimos! Máis dun deles ata me deu mágoa matar polo ben que o estaba a pasar en cada tentativa. Visualmente impresionantes, orixinais e cunha xogabilidade estupenda. Moi fan.
Publicado orixinalmente en Twitter.
Podes interaxir con esta entrada de moitas formas: con pingbacks, con webmentions ou simplemente respondendo a través do Fediverso, por exemplo visitándela en Mastodon.