Skip to content

O primeiro xefe do Sonic 2

De cativo nunca fun quen de matar o primeiro xefe do Sonic 2. Probei e probei cousas mais sempre me mataba sen lle facer eu ren. E sabíades o que había que facer?

NADA

Había unhas boliñas negras que caían do ceo. Se ficabas quedo fóra do seu camiño, ían dar ao xefe e matábanno.

Captura do primeiro xefe do Sonic 2.

Eu teimaba en saltar, golpear, moverme e rodar contra o xefe e terminaba por morrer eu entre os seus golpes e os das boliñas. Mais nunca probara a simplemente deixar as boliñas daren nel un par de veces.

A parábola xa a sacades vós se iso. Déixovos co vídeo co que resolvín —denigrantemente— ese enigma da miña infancia (no 3:34).


Publicado orixinalmente en Twitter.

Podes interaxir con esta entrada de moitas formas: con pingbacks, con webmentions ou simplemente respondendo a través do Fediverso, por exemplo visitándela en Mastodon.