Skip to content

O buraco negro de Twitter

Sabedes outra cousa que odio de Twitter? Que é un buraco negro de contidos. O almacén do final da película da Arca Perdida.

Ti fas un fío interesante, ou pavero, ou curioso, e ten unha xanela de tempo na que poder ter éxito extraordinariamente breve. Logo xa lle pasou o tren. Os tuits, ou collen inercia ao comezo ou pérdense para sempre na avalancha da actualidade.

Porque esa é outra: é imposíbel atopar contidos no pasado. A búsqueda non só é moi limitada, é que asume que sabes o que queres atopar! Twitter nunca recomenda chíos pasados que tiveron éxito e que poida que perdeses. Como pode que non estean a falar do tema do momento ou quedasen desactualizados, actúa como se nunca existisen.

Estou convencido de que na cantidade de chíos que pasan a formar parte da «nada» cada día hai moita calidade desperdiciada, perdida para sempre. A xente tenta compensalo, pegando nos seus perfís un «Fío de fíos» e cousas así, unha solución tremendamente ortopédica e incómoda. E que persoalmente non evita o outro monte de problemas que teño con esta rede.

Así que, a partir de agora, vou ir recollendo os fíos que máis me prestou ter feito neste blogue. Para que non se perdan. Para poder revisitalos cando me apeteza. Para que non caian no buraco negro.

Xa hai varios aquí, metidos, precisamente, na etiqueta Fíos. Incluíndo este mesmo 🙃


Publicado orixinalmente en Twitter.