Skip to content

NeoCab

Metín o Starlink na Switch para estrealo e mentres baixaba 6Gb de actualizacións púxenme a probar a demo do NeoCab.

Namorei por completo do NeoCab e vouno comprar tan axiña como poda? Namorei do NeoCab e vouno comprar tan axiña como poda.

É un xogo composto únicamente por conversas, entre a túa personaxe e os clientes do seu taxi, e de como esas conversas van modificando os seus sentimentos e as relacións que establece. Ao escoller as respostas durante as conversas, condicionas como se vai sentindo a túa personaxe: déixase levar pola carraxe ou deixa estar? Tamén limita as opcións futuras nunha conversación (p.ex. ás veces estás tan anoxada que hai frases que non te entra na cabeza dicir).

Gústame por dúas cousas: por como exemplifica que, en certo factor, nós temos control sobre como queremos sentirnos; e por como representa todos os sentimentos (ira, ledicia, tristura, tranquilidade) como válidos, graduais, mudantes e mesturados. Tamén porque adoro os xogos conversacionais ben escritos. Este estouno a xogar en castelán e está traducido fantástico, parabéns á equipa toda.


Publicado orixinalmente en Twitter.

Podes interaxir con esta entrada de moitas formas: con pingbacks, con webmentions ou simplemente respondendo a través do Fediverso, por exemplo visitándela en Mastodon.