Skip to content

Nas TEDxMadrid

Estou nas #TEDxMadrid e trataron un par de temas que me están a facer reflexionar.

Un deles foi que a nosa imaxe do futuro (no colectivo popular) segue a ser básicamente a que tiñamos hai 50 anos (especialmente no tocante a futuros positivos). Nese momento engadimos a distopía á utopía imperante até entón. Pero pouco novo referente temos no que supón futuros aspiracionais (como os de Gene Roddenberry).

Iso fíxome reflexionar sobre Years and Years. Penso que gostei dela porque, ao tratar do futuro próximo, falou de asuntos sociais máis do que tecnolóxicos. E teño lido menos diso.

Outro tema é o do cultivo de carne en laboratorio, unha posíbel solución aos problemas medioambientais e de escala da industria cárnica actual. Plantéxome logo: mesmo se une vexetariane considera que reducir todo consumo de carne en xeral é mellor solución… habería de consumir carne cultivada para fomentar esta industria e axudala a despegar, como remedio ou paliativo a curto prazo?


Publicado orixinalmente en Twitter.

Podes interaxir con esta entrada de moitas formas: con pingbacks, con webmentions ou simplemente respondendo a través do Fediverso, por exemplo visitándela en Mastodon.