Skip to content

Metaxogo, paraxogo e ortoxogo

Neste interesante artigo propoñen concretar a terminoloxía e diferenciarmos entre metaxogo, paraxogo e ortoxogo. A redacción podería ser máis clara, así que fágovos un resumo do que entendo como a súa proposta:

Ortoxogo sería o core do xogo, o que en xeral se considera a parte troncal. No Starcraft isto poderían as as partidas multixogador ou as campañas single player. É do que vai o xogo.

Paraxogo serían as vías de desfrute paralelas que engaden tempo de xogo sen engadir xogo troncal. Por exemplo, desbloquear achievements or cazar mascotas no WoW. Son cousiñas extras.

Metaxogo, finalmente, sería entón aquila estratexia a un nivel por riba, contextual. Xogar unha clase concreta porque é boa contra a que xoga case todo o mundo, ou actuar respecto ao que ti sabes (malia non sabelo a túa personaxe) en Dungeons & Dragons. O que requiere reflexión.

Disque a idea do artigo veulles de que a xente seica usa metaxogo para falaren tamén do que eles deron en chamar paraxogo, e co gallo de separalos deron tamén co concepto de ortoxogo. Persoalmente, eu nunca tal vira, pero valoro a contribución.


Publicado orixinalmente en Twitter.

Podes interaxir con esta entrada de moitas formas: con pingbacks, con webmentions ou simplemente respondendo a través do Fediverso, por exemplo visitándela en Mastodon.