—Por mor das túas fazañas, tes dereito a un derradeiro xogo contra min para salvar a túa alma. Porén, perde toda esperanza, pois levo xogando milenios contra todo tipo de Gran Mestre! —dixo a Morte cun estarrecedor sorriso.
Mais ser dos primeiros da miña xeración en morrer resultou unha vantaxe cando se lle torceu o bico ao verme sacar a miña baralla verde-negra.
Escrito orixinalmente para o Flash Fiction February, inspirado pola palabra semente Magic.
Mencionado por Xurxo Diz Pico