Skip to content

Mario Galaxy

Xogando ao Mario Galaxy, aparece unha riquiñísima e enorme planta piraña berrando. A min paréceme obvio, pero a sobriña (10) pregunta perplexa: «Non entendo… que teño que facer? Matala?» como se houbese máis opcións. Benditos os novos videoxogos variados.

Eu, tras décadas de videoxoguismo e vella escola, enseguida entendín que había que vencela, que se non? Mais ela criouse xogando Animal Crossing, Baba Is You, Overcooked… Na súa cabeza tamén cabería consolala, escapar ou arranxar o seu problema.

E ela xoga tamén Minecraft ou Splatoon, non vos pensedes. Pero combater non é o seu verbo por defecto necesariamente. E paréceme marabilloso, esperanzador e refrescante.


Publicado orixinalmente en Twitter.

Podes interaxir con esta entrada de moitas formas: con pingbacks, con webmentions ou simplemente respondendo a través do Fediverso, por exemplo visitándela en Mastodon.