A casa tiña o cadro de luces fóra. Era un obxectivo doado. O home forzou a pequena porta e cortou un par de cables. Logo, agardou baixo a fiestra e escoitou. Primeiro os estalos do interruptor preméndose varias veces seguidas. Despois, o suspiro de fastidio. E entón, a chamada ao servicio técnico.
O home agardou un par de minutos mentres se mudaba de roupa e preparaba a caixa de ferramentas. Finalmente, achegouse ao porche e petou na porta.
—Contra, que rapidez!
—Si, señora, é a nosa marca da casa. Ten unha avaría na luz, certo?
—Temos, si. Pase, pase. Entre.
Ao escoitar esa palabra, o home sorriu, e foi cando a muller reparou nos seus cairos.
Escrito orixinalmente para o Flash Fiction February, inspirado pola palabra semente Home.
Podes interaxir con esta entrada de moitas formas: con pingbacks, con webmentions ou simplemente respondendo a través do Fediverso, por exemplo visitándela en Mastodon.