Skip to content

Desde Moshidon

Veño de instalar o plugin Enable Mastodon Apps. Permite escribir entradas nun blogue de WordPress desde calquera app de Mastodon.

Como a que uso eu normalmente é Moshidon, é a que vou usar para facer esta entrada de proba. Se sae, é que todo foi ben. Non sei se usarei moito a posibilidade, pero todo sexa por fedellar.

Podes interaxir con esta entrada de moitas formas: con pingbacks, con webmentions ou simplemente respondendo a través do Fediverso, por exemplo visitándela en Mastodon.

  1. @xurxo Pois un par de notas sobre isto.

    Efectivamente a categoría colle a predeterminada como supuxen. Non se me ocorreu poñer etiquetas (non as uso moito), e mesmo se as imaxes as anexaría ben quédame a dúbida de se tería posta a primeira como destacada (xa probarei).

    Porén, non leu ben o Markdown (tiven que arranxar a ligazón) e a entrada créaa co editor clásico, non de bloques. Tampouco sei se podería ter escrito unha entrada máis longa, Moshidon xa protestaba (protocolo?).

    Veredito? Msch.