Skip to content

Desde Moshidon

Veño de instalar o plugin Enable Mastodon Apps. Permite escribir entradas nun blogue de WordPress desde calquera app de Mastodon.

Como a que uso eu normalmente é Moshidon, é a que vou usar para facer esta entrada de proba. Se sae, é que todo foi ben. Non sei se usarei moito a posibilidade, pero todo sexa por fedellar.

Podes interaxir con esta entrada de moitas formas: con pingbacks, con webmentions ou simplemente respondendo a través do Fediverso, por exemplo visitándela en Mastodon.