Pois un pouco ás presas pero xa decoramos a casa por Defuntos/Samaín. Collimos cartolinas e fixemos uns pequenos adornos con motivos tradicionais
A festa ten orixe no fin das colleitas, así que non podían faltar as castañas dos magostos, nin as cabazas con cara. Novo non é: meu pai conta como hai 70 anos xa baleiraban os nabos para o gando e metían candeas neles para asustaren ás mozas cando ían a misa polos carreiros.
As mariposas e avelaíñas representan desde hai centurias as ánimas, brancas e negras, boas e malas, que voan procurando o seu camiño ao alén. E así, deitamos algunhas delas pola casa toda.
Para as portas dos despachos cousas máis clásicas: un esquelete e mais un morceguiño.
E para rematar, unha que me gusta especialmente: pequenas Santas Compañas / Güestias percorrendo agochadas e silentes os zócolos dos corredores.
Se vos gustan as ideas, son todas vosas. Hai moitos elementos destas datas que fican de lado por non ser os que usan nos EUA para o Halloween, e é unha mágoa.
Celebredes como a celebrardes, boa ponte!
Publicado orixinalmente en Twitter.
@xurxo Encantáronme as minisantas compañas, quedo coa idea para este ano!