Skip to content

Bandersnatch

Bandersnatch é un capítulo especial interactivo de Black Mirror, a serie de mal corpo sobre tecnoloxía e conceitos filosóficos de Netflix.

Saiu en 2021, máis na altura eu adoitaba ver Netflix na cama e, se lembro ben, non se podían controlar as decisións desde o móbil. E foi quedando ata hoxe.

Recoñezo que está mellor do que esperaba, que é algo que me pasa a miúdo con Black Mirror. Malia que gosto moito dela, sempre collo os episodios con preguiza e logo acabo adorándoos. Neste caso a execución é soberbia, tanto na trama de fondo para levar a cabo a idea como nas decisións. As diferentes ramas están todas interesantes e van desenvolvendo a historia con moito interese. Pasei un bo anaco indo atrás e comparando.

Se vos presta Black Mirror e polo que fose deixastes pasar Bandersnatch, eu recomendaríavos darlle a oportunidade. Se nunca vistes Black Mirror—xa se me fai raro, pois é unha serie bastante de referencia—probade a ver un dos normais! (E se non vos gusta Black Mirror pois a verdade tampouco vexades isto porque non vos vai prestar, claro.)

Podes interaxir con esta entrada de moitas formas: con pingbacks, con webmentions ou simplemente respondendo a través do Fediverso, por exemplo visitándela en Mastodon.