Skip to content

Aventuras de Ranolfo #2

Resulta que Zip e Ranolfo ían atrapar uns contrabandistas que traballan para Morkar, o deus seitario inimigo de WinRar.

Ranolfo como sabedes non estaba moi convencido de todo o que Zip lle conta de que Winrar é bo e Morkar é malo, porque a ver, que probas hai de todo iso? Ata acusou a Zip de que os seus poderes de bruxo eran apenas aptitudes naturais e Winrar era apenas unha voz que alucinaba na súa cabeza!

E entón Winrar posuíu o corpo deZip e fíxoo levitar e camiñar polas augas e lanzar raios e Ranolfo decatouse de que Zip iso non o podería facer de normal e agora está arrepentido por ter dubidado e acepta o camiño de Winrar. Mais logo foron arrestar un barco de contrabandistas e ve a Zip moi conforme cando non queda máis remedio que torturar ou matar. Que si, derradeiro recurso, pero…

E aí pechamos a sesión: Ranolfo xa non dubida do poder de Winrar e acata resignado os seus designios, pero se sente culpábel de non ser quen de aceptar e confiar cegamente no que Winrar comanda como fai Zip.


Publicado orixinalmente en Twitter.