Skip to content

Aventuras de Ranolfo #1

Rann Olfson (Ranolfo para os amigos) é un lanzador de coitelos que, como sempre erraba e daba no axudante, decidiu dedicarse a iso, a lanzar coitelos á xente. E está a sufrir unha crise.

Seica o colgante co que fora abandonado de ben neno é símbolo dunha seita. Pertencían seus pais a ela? Zip, o seu compañeiro bruxo co que topou na estrada e quen inmediatamente recoñeceu o símbolo, insiste: todos eses seitarios deben renunciar á fe ou morrer. Pero el apenas repite as ordes do seu patrón o peregrino Winrar, de escuros intereses.

O caso é que tras provocaren, deliberadamente ou non, unha manchea de mortes nesta especie de cruzada, Ranolfo derrubouse moralmente e agora está na súa etapa emo-nihilista-desencantada.


Publicado orixinalmente en Twitter: [1], [2].