Pero a alguén lle importa Marvel aínda?
A ver, mesmo se ando queimado coa baixísima calidad dos seus últimos produtos (tiven que deixar Echo no segundo capítulo por aborrecimento), ler novas e rexoubar non fai mal a ninguén.
Neste caso, hai grande expectativa porque Os Catro Fantásticos son unha das grandes cabeceiras da Marvel. Ata o momento os dereitos tíñaos a Fox, e agora que volveron á casa nai, está apostando forte por eles para revivir o interese no seu maltreito universo cinematográfico.
A idea de ambientalo nos 60 está ben, é bastante acaída para o ton que adoitan ser as súas aventuras, aínda que imaxino que de algunha forma logo os traerán para o presente.
Sobre o que é o cast, realmente non teño opinións mui fortes:
- De Ebon Moss-Bachrach, que fai de Ben Grimm/a Cousa, non vin nada.
- De Joseph Quinn, que fai de Johnny Storm/Antorcha Humana, só vin o seu papel de roqueiro en Stranger Things. Ten cara de rapaciño, que en Stranger Things axudaba ao rol de heavy pero bo rapaz—aqui penso que lle pode pesar en contra para o puntiño truá da personagem.
- De Vanessa Kirby, Sue Storm/a Muller Invisíbel, non vin nada tampouco. Pero si teño opinións de que manteñan esa diferencia de idade tan grande entre ela e Reed Richards que se establecera na BD nos inicios. Non porque estea “mal” moralmente, se non porque xa está Hollywood empeñado en non contratar ningunha muller de máis de 45.
- Isto non quere dicir que non goste de Pedro Pascal como Reed Richards/Mr. Fantástico. O tipo é bo actor. Tampouco tivera sido mala opción aquel cameo como no Multiverso da Loucura, pero é verdade que Pascal me pega máis co ton que lle van dar a personaxe, polo que se deduce da imaxe.
En fin, a min mentres me dean, nalgún momento, unha versión do Maker, quedarei contento. É un Mr. Fantástico dun universo alternativo que tras unha serie de sucesos traumáticos ficou só co seu ego e deixouse levar pola soberbia. Quere refacer o mundo e meteuse nunha burbulla temporal de mil anos para evolucionar tanto que agora ten o cabeza estirada para que lle quepa o cerebro. Naceu no universo Ultimate pero agora anda por aí polo multiverso facendo falcatruadas e reina moito, é unha especie de Doutor Doom sociópata.
Poderían traer de volta a Miles Teller, aínda ten cara de neniño abondo?
Podes interaxir con esta entrada de moitas formas: con pingbacks, con webmentions… ou simplemente respondendo a través do Fediverso, por exemplo visitándoa en Mastodon.