Skip to content

Aviso

(Fago aquí miñas as palabras de Caio, nas que me inspiro para este texto.)

Este blogue leva existindo, nunha forma ou outra, máis de dúas décadas. Nese tempo, mudou decote de nome e de enderezo. E da mesma forma o seu autor—ou sexa, eu—mudou as súas opinións.

É mellor entender o aquí contido como living documents. Arranxo ligazóns, mudo imaxes, troco categorías e, obviamente, retiro e edito as opinións que xa non comparto ou mesmo acho vergoñentas segundo as revisito.

Dito isto, aínda se atoparán aquí cousas das que renegue, especialmente canto máis atrás se vaia. Quedan porque a distancia do tempo penso que as pon en contexto e non deixan de ser simplemente artefactos dun tempo e unha idade que non fan mal como retrato histórico. Ou, simplemente, porque aínda non pasei por elas outra vez para me decatar da gravidade do alí verquido.

Lean con compaixón.