Skip to content

A fuxida do rei

O rei fuxiu do castelo pola noite, agochado entre as sombras. Estivera esperando até a madrugada para que ninguén o vise. Cando chegou o momento, estaba tan impaciente que nin as roupas reais se sacou. Xa fóra dos muros, ceibe, botou a correr e cruzou as fragas, percorreu os camiños, e subiu o monte. Quería escapar onde absolutamente ninguén soubese del. Chegou ao cumio e, satisfeito, sentou nunha pedra a gozar da paisaxe. Pero cando mirou ao seu lado, encontrou que alí xa o agardaba precisamente de quen mais se quería afastar: el mesmo.


Orixinalmente enviado ao I Certame de Microrrelatos Gadis.

Podes interaxir con esta entrada de moitas formas: con pingbacks, con webmentions ou simplemente respondendo a través do Fediverso, por exemplo visitándela en Mastodon.