Skip to content

Arestora

Traballo de enxeñeiro de software en remoto e vivo en Xixón.

Xa non xogo tanto ao rol pero si bastante ás Magic.

Deixei o café e aficioneime ao chá (os que menos me gustan, os verdes e azuis).

Nos últimos anos estou escribindo algún contiño de cando en vez.

Veño de rematar a historia do Zelda Breath of the Wild por fin tras case cinco anos.

Estou deixando medrar o cabelo, xa está bastante longo.

Hai pouco voltei a clases de xaponés despois de case vinte anos.

[Última actualización: 15 de maio de 2024]