Skip to content

Tempo

Nun segundo, podes decatarte dun erro.

Nun minuto, podes decatarte dun erro e lamentarte.

Nunha hora, podes decatarte dun erro, lamentarte e pensar o que poderías ter feito.

Nun día, podes decatarte dun erro, lamentarte, pensar o que poderías ter feito e cavilar como ter outra oportunidade.

Nun mes, podes decartarte dun erro, lamentarte, pensar o que poderías ter feito, cavilar como ter outra oportunidade e resignarte a que non vai acontecer.

Nun ano, podes decartarte dun erro, lamentarte, pensar o que poderías ter feito, cavilar como ter outra oportunidade, resignarte a que non vai acontecer, e esquecelo todo.

Nunha vida, podes decatarte dun erro, lamentarte, pensar o que poderías ter feito, cavilar como ter outra oportunidade, resignarte a que non vai acontecer, e esquecelo todo… milleiros de veces.


Escrito orixinalmente para o Flash Fiction February, inspirado pola palabra semente Time.

Podes interaxir con esta entrada de moitas formas: con pingbacks, con webmentions ou simplemente respondendo a través do Fediverso, por exemplo visitándela en Mastodon.