Skip to content

Código

Todo o meu código público está no meu Github, pero velaquí un repaso rápido dos proxectiños máis salientábeis.

  • Newton’s Revenge: Un xogo de plataformas feito durante 48h para a #SitoJam en colaboración con Rodrigo Álvarez Seoane. Corre sobre Lua co framework Löve.
     
  • snake / popcorn: Microxogos en Javascript feitos durante as 0h game jam de 2012 e 2013. Por desgraza xa non son compatíbeis cos browser modernos.
     
  • Lakitu Level Generator: Algoritmo de Procedural Level Generation para a plataforma MarioAI. Obtivo o top histórico de puntos outorgados polos xogadores no Mario AI Championship de 2012.
     
  • sorin: Módulo python de xeración de cadeas de Markov. Tamén inclúe scripts bash para obtención e posteo de tuites con esas cadeas.
     
  • raposa: Framework python para procesamento en pipe de unidades léxicas, pensada para o filtrado de palabras nas análises de neoloxismos.